CAMPAÑA DO «DÍA DAS LETRAS GALEGAS»
Hoxe cambiamos de idioma para render a nosa particular homenaxe ao Día das Letras, que celebraremos mañá todos os galegos.
Este ano, como sabedes, esta cita tan especial está dedicada ao escritor lugués Xosé María Díaz Castro.
E que mellor que mostrarvos a campaña realizada pola axencia, J&J Publicidad, empresa adxudicataria das campañas institucionais da Xunta de Galicia, para o «Día das Letras Galegas».
Baixo o slogan «GALICIA, CON BOA LETRA», J&J conceptualiza a campaña no profundo sentimento que outorgan as palabras e as letras a Galicia, sen esquecer a figura de Xosé María Díaz Castro.
A campaña inclúe dous spots de televisión, radio, prensa, revistas e banners.